Sede electrónica Concello de Paderne

11:19:27 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta no Servizo de Atención Temperá da agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne

Solicitude de alta no Servizo de Atención Temperá da agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Paderne, https://sede.concellodepaderne.es (servizos sociais).

Opcionalmente poderá presentarse a solicitude presencialmente no rexistro xeral do Concello de Paderne, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa vixente reguladora do procedemento administrativo común.

  • Instancia xeral.
  • Solicitude de alta no Servizo de Atención Temperá da Agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne.
  • Documentación que acredite a relación xurídica entre o/a menor e a persoa adulta responsable que presenta a solicitude: libro de familia, resolución administrativa ou outro documento que a xustifique.
  • Informe de derivación do servizo de pediatría.

Nome: Solicitude de alta no Servizo de Atención Temperá da agrupación dos concellos de Betanzos, Oza-Cesuras e Paderne.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado/a: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).