Sede electrónica Concello de Paderne

21:05:01 Xoves 21 de novembro 2024

Información

ALCALDIA

17/11/2023

APROBACIÓN DEFINITIVA AMPLIACIÓN PLAN MUNICIPAL DE PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

EXP: 2021/A006/000011

Aprobación definitiva da ampliación do Plan Municipal de Defensa Contra Incendios Forestais do Concello de Paderne.

O día 22 de decembro de 2022 aprobouse definitivamente, polo Pleno do Concello de Paderne, o Plan Municipal de Prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Paderne, publicándose anuncio da mesmo no BOP nº 244 de 27/12/2022.

 Con data do 27/06/2023, o Pleno do Concello de Paderne, en sesión extraordinaria, aprobou inicialmente o borrador da modificación por ampliación do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello.

 O Plan foi exposto ao público por un prazo de 20 días hábiles, contados a partires do día seguinte ao da publicación do anuncio de aprobación inicial no Boletín Oficial da Provincia, BOP nº 130 do 10/07/2023, para que os interesados presentaran as alegacións que consideraran oportunas.

Rematado dito prazo, e non constando ningunha alegación no expediente administrativo, deuse traslado á Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería de Medio Rural para emisión de informe que consta asinado o 06/09/2023, sendo favorable a ampliación do Plan inicialmente aprobado.

 Polo Pleno do Concello de Paderne, na sesión extraordinaria celebrada o día 3 de novembro de 2023, aprobouse definitivamente a ampliación do Plan Municipal de Prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Paderne.

 O documento aprobado definitivamente poderá consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne.

 https://sede.concellodepaderne.es/sxc/es/informacion/

 Contra dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende a publicación do anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Non obstante, con carácter previo e potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o Pleno deste Concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, del Procedemento Administrativo Común de las Administracións Públicas, recurso que deberá entenderse desestimado se no prazo dun mes non é notificada resolución expresa, a efectos da interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo. Todo iso, sen prexuízo de calquera outros recursos, que se estimen oportunos exercitar.

En Paderne, a 9 de novembro de 2023

 O ALCALDE

D. Sergio Platas Casal


Xustificantes de Publicación: