Sede electrónica Concello de Paderne

23:59:41 Mércores 25 de xuño 2025

Información

PERSOAL

09/06/2025

APROL RURAL 2025. TRES PEÓNS/PEOAS FORESTAIS.

EXP: 2025/E001/000002

Por Decreto Nº 279/2025 de 02/06/2025 o Alcalde-presidente do Concello de Paderne resolveu convocar procedemento público para a contratación laboral temporal de tres peóns/peoas forestais, ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2025, por un período de nove meses, e aprobar as bases para a realización do correspondente concurso-oposición.

As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello https:// sede.concellodepaderne.es/gl/.

É requisito ser candidato/a remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a correspondente Oferta de Emprego presentada na Oficina de emprego de Betanzos

O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no BOP.


Xustificantes de Publicación: