Sede electrónica Concello de Paderne

06:45:23 Domingo 22 de decembro 2024

Información

EMPREGO

06/11/2024

BASES E CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO

EXP: 2024/A008/000019

 Proceso selectivo específico por concurso-oposición para o nomeamento/contratación das persoas que cubrirán as seguintes prazas:

- 1 director/a (xornada completa)
- 2 mestres/as das especialidades do obradoiro de emprego (xornada completa) e máís concretamente:
 1 mestre/a para impartir as dúas especialidades de nivel 1 da familia profesional de “Edificación e obra civil”e da área profesional “Albanelería e acabados”, que son:
 “Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción” (Código EOCB0109)
 ”Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas” (Código EOCB0208)
1 mestre/a para impartir a especialidade de nivel 2 da familia profesional “Agraria” e da área profesional “Xardinaría”,“Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” (AGAO0208). Deberá tamén impartir o módulo formativo “Operacións Auxiliares en Tratamentos Silvícolas” (MF1294_1) do certificado de profesionalidade “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” (AGAR0309) da familia agraria e da área forestal de nivel 1

- 2 mestres/as de formación complementaria ( ao 50 % da xornada), concretamente: 1 mestre/a en ensino básico/titor/a e 1 mestre/a en orientación, información profesional, formación empresarial e asesoramento

- 1 administrativo/a (ao 50 % da xornada).

As instancias que conteñen as solicitudes para participar nos procesos selectivos deberán presentarse na forma e achegando a documentación indicada no apartado 3.3 das bases de selección, no prazo de 5 días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do anuncio co extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).


Xustificantes de Publicación: