Sede electrónica Concello de Paderne

15:41:38 Mércores 30 de novembro 2022

Información

ALCALDIA

11/11/2022

APROBACIÓN PROVISIONAL DA MODIFICACION DA ORDENANZA FISCAL DE IVTM PADERNE

EXP: 2022/X999/000453

Anuncio: Aprobación Provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Municipal reguladora do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica  do Concello de Paderne.-

De conformidade co establecido no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba otexto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno da Corporación do Concello de Paderne, en sesión extraordinaria de data 10 de novembro do 2022, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

1.Aprobar provisionalmente a modificación do artigo 5 da Ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do Concello de Paderne.-

CASTELÁN.-

MODIFICACIÓN DE LA ORDENANZA REGULADORA DEL IMPUESTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.-

Artículo 5.3

Los vehículos de las clases turismos, camiones, furgones, furgonetas, vehículos mixtos adaptables, autobuses y autocares, disfrutarán en los términos que se disponen en los siguientes apartados, de una bonificación en la cuota del impuesto, en función de las características de los motores, la clase de combustible que consuma el vehículo y la incidencia de la combustión en el medio ambiente, siempre que cumplan las condiciones y requisitos siguientes:

A) Que se trate de vehículos híbridos (motor eléctricogasolina, eléctrico-diesel o eléctrico-gas) que estén homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados a su clase y modelo, que minimicen las emisiones contaminantes. Estos vehículos disfrutarán de una bonificación del 75% en la cuota del impuesto durante seis años naturales desde su primera matriculación.

B) Que se trate de vehículos de motor eléctrico y/o de emisiones nulas. Estos vehículos disfrutarán de una bonificación del 75% de la cuota con carácter indefinido, en tanto mantengan las circunstancias de motor y emisiones señaladas.

C) Que se trate de vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidrógeno y GLP o mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO, tanto implantados de fábrica como posteriormente, siempre certificando su implantación por organismos o empresas homologada para dicho fin. Estos vehículos disfrutarán de una bonificación del 75% en la cuota en tanto utilicen los combustibles citados.

Para poder gozar de las bonificaciones a que se refiere este apartado 2 del presente artículo, los interesados deberán instar su concesión acompañando la ficha técnica del vehículo y la documentación acreditativa de los requisitos. En todos los supuestos, si se desea que la bonificación surta efectos en el mismo período impositivo en que se produce la matriculación, la solicitud deberá presentarse en el plazo de un mes desde la matriculación. En caso de que la solicitud se presente con posterioridad, la bonificación surtirá efectos para el período impositivo siguiente a la fecha de presentación de dicha solicitud, no alcanzando a las cuotas devengadas con anterioridad a ésta. Las bonificaciones reguladas en el presente artículo no son aplicables simultáneamente. En caso de que el sujeto pasivo tenga derecho a dos o más, disfrutará de la más alta.

Previa a la concesión de la bonificación,  se exigirá informe técnico que será preceptivo y se unirá al expediente.

GALEGO.-

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.-

Artigo 5.3

Os vehículos das clases turismos, camións, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos adaptables, autobuses e autocares, gozarán nos termos que se dispoñen nos seguintes apartados dunha bonificación na cota do imposto, en función das características dos motores, a clase de combustible que consuma o vehículo e a incidencia da combustión no medio ambiente, sempre que cumpran as condicións e requisitos seguintes:

A) Que se trate de vehículos híbridos (motor eléctricogasolina, eléctrico-diesel ou eléctrico-gas) que estean homologados de fábrica, incorporando dispositivos catalizadores, adecuados á súa clase e modelo, que minimicen as emisións contaminantes. Estes vehículos gozarán dunha bonificación do 75% na cota do imposto durante seis anos naturais desde a súa primeira matriculación.

B) Que se trate de vehículos de motor eléctrico e/ou de emisións nulas. Estes vehículos gozarán dunha bonificación do 75% da cota con carácter indefinido, en tanto manteñan as circunstancias de motor e emisións sinaladas.

C) Que se trate de vehículos que utilicen como combustible biogás, gas natural comprimido, metano, metanol, hidrógeno e GLP ou mixtos GLP-gasolina en motores de ciclo OTTO, tanto implantados de fábrica como posteriormente, sempre certificando a súa implantación por organismos ou empresas homologada para devandito fin. Estes vehículos gozarán dunha bonificación do 75 % na cota en tanto utilicen os combustibles citados.

Para poder gozar das bonificacións a que se refire este apartado 2 do presente artigo, os interesados deberán instar a súa concesión presentando a ficha técnica do vehículo e a documentación acreditativa dos requisitos. En todos os supostos, se se desexa que a bonificación produza efectos no mesmo período impositivo en que se produce a matriculación, a solicitude deberá presentarse no prazo dun mes desde a matriculación. En caso de que a solicitude se presente con posterioridade, a bonificación producirá efectos para o período impositivo seguinte á data de presentación da dita solicitude, e non alcanzará as cotas xeradas con anterioridade a esta. As bonificacións reguladas no presente artigo non son aplicables simultaneamente. No caso de que o suxeito pasivo teña dereito a dúas ou mais, disfrutará da mais alta.

Previa á concesión da bonificación,  esixirase informe técnico que será preceptivo e unirase ao expediente.

2.Seguir o procedemento legalmente previsto tras esta aprobación provisional:

A.         Publicación do acordo provisional da modificación no taboleiro de anuncios do Concello de Paderne e o correspondente na sede electrónica así como do anuncio da exposición pública no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados durante un prazo de trinta días podan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

B.         Finalizado o período de exposición pública corresponde ao Pleno resolver as alegacións presentadas e aprobar a redacción definitiva da modificación. No caso de que non se presentaran reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo, ata entón provisional, sen necesidade dun novo acordo plenario.

C.         O acordo definitivo, ou provisional elevado automaticamente a tal categoría, e o texto íntegro da modificación e ordenanza, haberán de ser publicados no boletín oficial da provincia. Esta modificación entrará en vigor a partir da publicación da aprobación definitiva co texto da Ordenanza íntegra no Boletín Oficial da Provincia e será aplicable facéndose efectiva en 2023 a toda solicitude que se presente polo Rexistro de entrada do Concello de Paderne con anterioridade ao 01 de xaneiro de 2023 e con posterioridade á publicación da aprobación provisional.

Queda exposto polo prazo de trinta días hábiles para examinar o expediente e presentar as alegacións que procedan nos termos anteditos.-

 

Publicado no BOP de A Coruña de 11 de novembro de 2022.-

            O ALCALDE

 

     D. CÉSAR LONGO QUEIJO


Xustificantes de Publicación: